Nestes días acabamos de realizar unha inversión para a mellora da infraestructura dixital do C.P.R Plurilingüe La Purísima.

Este proxecto xurde coa finalidade principal de potenciar o emprego das TIC’s nas actividades de ensino-aprendizaxe. Para elo, temos en conta as necesidades reais dos nosos alumnos e alumnas, procurando lograr a súa educación integral, mellorar as súas competencias dixitais, así como a adquisición de obxectivos, contidos e aptitudes de cara o seu desenvolvemento xeral.

A oportunidade que nos brinda o apoio da Xunta de Galicia na xestión dos fondos económicos facilitados pola comunidade económica europea «Next Generation» permítenos adaptar varias aulas ás necesidades metodolóxicas presentes.

Na seguinte galería de imaxes aprécianse os 4 ordenadores con sistema de ampliación de conexións e os 4 paneis interactivos da marca Traulux, instalados e funcionando. Tódolos profesores do centro recibimos unha formación por parte da empresa suministradora.

OBXECTIVO XERAL

O obxectivo principal que nos leva a realizar esta inversión é necesidade de dispoñer e aproveitar recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensino e aprendizaxe a través da dotación tecnolóxica no centro educativo.

Agardamos que permita a docentes e alumnado un acceso a medios dixitais apropiados para o ensino e a aprendizaxe, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abarque todas as competencias do currículo e, neste caso, especialmente a competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e o mercado laboral do século XXI.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

A inversión permitiranos alcanzar cando menos os seguintes obxectivos específicos: