Recentemente publicouse no DOG a Resolución da Secretaría Xeral da Lingua pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X009626/xunta-incrementa-prazas-cursos-preparacion-para-obter-certificados-lingua-galega.

A inscrición debe realizarse, ata o 28 de febreiro, a través da plataforma de teleformación https://formacion-lingua.xunta.gal/, tanto para os cursos de modalidade presencial como os cursos en liña.

INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS CELGA CONVOCADOS:

Os cursos son voluntarios e gratuítos e ofértanse en dúas modalidades: presencias ou en liña, e poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Ao inscribirse o sistema pedirá que se realice unha proba de nivel (os que non a superen poden matricularse igual pero terán preferencia para ser seleccionalos aqueles que superaron a proba)

Cada persoa so pode inscribirse nun único curso. Se hai máis solicitantes que prazas, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.

Duración: 70 horas lectivas.

Datas: Do 17/03/2025 ao 8/05/2025.

Horario: Nos cursos presenciais o horario será de luns a xoves, de 18:00 ás 20:30 h.

CURSOS PRESENCIAIS EN OURENSEun curso Celga 2 e un curso Celga 4

Lugar onde se impartirán: IES Eduardo Blanco Amor (luns a xoves das 18:00 ás 20:30 h, do 17/03/2025 ao 8/05/2025.

As probas para a obtención dos certificados Celga convocaranse previsiblemente en marzo para a súa realización no mes de maio, inmediatamente despois de rematar os cursos. A matrícula para a realización das probas é independente da matrícula para os cursos (terán que matricularse da proba do nivel Celga en que estean interesados)

Mais información na páxina web de O portal da lingua galegahttps://www.lingua.gal/portada

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0766-030225-0001_gl.html