¿Quén pode reservar praza?

Alumnado dos centros adscritos:como é o CPR A Purísima, que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2026/2027 en 1º Bacherelato.

1.- PRAZOS.  O prazo de presentación de solicitudes de reserva en centro adscrito é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

2.-MODELOS DE SOLICITUDE . O modelo 550A e anexos que se deben empregar neste procedemento poden atoparse no seguinte ENLACE e na sede electrónica da Xunta de Galicia. As alumnas e alumnos que o desexen diporán gratuitamente dunha copia en papel. (galego e castelán).  

no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

As solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras e virán acompañadas polo anexo asinado co consentimento da outra (modelos: anexo I-bis).

3. LUGAR.  As solicitudes de reserva poden presentarse mediante a aplicación admisionalumnado, ou ben presencialmente, no CPR LA PURÍSIMA. (Non presentar no IES As Lagoas). Tamén se pode presentar por a sede electrónica da Xunta de Galicia

4. VINCULACIÓN. A solicitude é única e vinculante; pero as familias poderán renunciar, presentando un escrito no centro docente con data límite do 28 de febreiro de 2026. Ademais, na solicitude de admisión ordinaria ED550B cubrirán o apartado «supostos específicos». 

O alumnado con reserva de praza por proceder dun centro adscrito, terá prioridade para a adxudicación do posto escolar no centro de adscrición respecto do resto de alumnado.

5.  GRAVACIÓN E REXISTRO.-  A asignación aleatoria do número para os efectos de desempate prodúcese no momento da gravación da solicitude en admisionalumnado por parte do centro. Se a gravación é simultánea á presentación, o centro entrégalle á persoa solicitante o xustificante xerado na aplicación, que indicará a data de presentación da solicitude e o número aleatorio asignado. Se, por motivos organizativos, a gravación ten lugar nun momento posterior á presentación, entregaráselle un xustificante no que constará a data de presentación e selo do centro. En todo caso, tanto o devandito número aleatorio como o estado de tramitación das solicitudes, poderán consultarse en calquera momento na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou Chave365.

6. PUBLICACIÓN DE INFORMACIÓN.  As listaxes publicaranse soamente no taboleiro interior do centro e na aplicación admisionalumnado; Na web soamente se anunciará cando estarán dispoñibles as listaxes no taboleiro e na aplicación.

OUTROS ENLACES:

Normativa de referencia: A normativa de referencia é a  Orde do 21 de outubro de 2022, que desenvolve o Decreto 13/2022.

Enlace á web de reserva do IES AS LAGOAS