Reserva de Praza I.E.S «As Lagoas» Curso 20/21

publicado en: Noticias | 0

¿Quén pode reservar praza?

Alumnado que durante o curso 2019/20 cursa estudos no IES As Lagoas e teña previsto continuar matriculado no centro no vindeiro curso 2020/21.
Entre o 1 e o 15 de febreiro, entregaráselles o documento correspondente para formalizar a reserva.

Alumnado dos centros adscritos:como é o CPR A Purísima, que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2020/21 en 1º Bch.

Prazos
Do 1 ao 15 de febreiro de 2020, ambos incluídos.

Documentación
Documentación que debe entregarse no centro CPR La Purísima:
Opción 1– Anexo I para imprimir. https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/60125
Opción 2 – Presentar por a sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado.

– Formulario de previsión de matrícula  BCH-1º  

– Só no caso de non autorizar  a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Información completa en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas/taxonomy/term/335