¿Quén pode reservar praza?
Alumnado dos centros adscritos:como é o CPR A Purísima, que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2020/21 en 1º Bch.
Prazos:
Do 11 de xaneiro ao 08 de febreiro de 2020, ambos incluídos.
Documentación:
Documentación que debe entregarse no centro CPR La Purísima:
Opción 1– Anexo I para imprimir. https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/60125
Opción 2 – Presentar por a sede electrónica da Xunta de Galicia ou na web de admisión de alumnado.
– Formulario de previsión de matrícula BCH-1º
– Só no caso de non autorizar a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A listaxe definitiva de solicitudes de centros adscritos publicarase no taboleiro de anuncios de cada centro.
Información completa en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas/taxonomy/term/335