A Consellería de Cultura, Educación e O.U. publica a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
As bases da convocatoria e o formulario son accesibles na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As solicitudes poden facerse a través da sede electrónica ou nas dependencias do centro.
Prazo: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018.